A norma ISO 1 especifica as condicións normais de presión e temperatura para a especificación e verificación xeométricas dun produto. A temperatura fíxase a 20 °C, o que equivale a 293,15 K e 68 F.
Debido á dilatación térmica, as medicións de precisión de lonxitude necesitan facerse ou converterse a unha temperatura definida, polo que esta norma axuda con medicións de comparación definidas para a temperatura de referencia. A temperatura de 20 °C adoptouse polo CIPM o 15 de abril de 1931, e converteuse na recomendación ISO número 1 en 1951.[1]
Substituíu en todo o mundo a outras referencias de temperatura para medicións de lonxitude empregadas ata entón pola industria e equipos de precisión, incluíndo 0 °C, 62 °F, e 25 °C. O valor de 20 °C considerouse coma unha temperatura confortable e práctica para o traballo, e resultante nun valor enterio nas escalas Celsius e Fahrenheit.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search